Descarga o cartel

Acabouse! Nin unha menos!

O 2023 está a bater récords en datos de violencia machista. Non somos esaxeradas nin unhas histéricas. Só dicimos a verdade. 52 mulleres asasinadas durante este ano e 1.237 desde 2003. As violacións aumentaron un 53,2% e tódolos días aparecen novas noticias nos medios de comunicación que poñen os pelos de punta: agresións sexuais contra nenas e mozas moi novas, uso da submisión química, denuncias arquivadas e maltratadores na rúa… Nós poñemos as mortas e aquí non pasa nada. É insoportable.

Entrementres, a extrema dereita potencia o seu discurso negacionista e reaccionario contra as mulleres e o colectivo LGTBI, atacan e recortan os nosos dereitos alí onde gobernan e convocan á súa lexión de machirulos para deixar claro que queren man dura contra o movemento feminista. Vímolo co caso Rubiales e volvémolo ver nas mobilizacións fascistas fronte a Ferraz alentadas polo PP e Vox estas últimas semanas: “Irene Montero puta”, bonecas inchables, “Marlaska maricón”… mentres cantaban o “Cara al sol” envoltos na bandeira franquista e facían o saúdo nazi. Isto é o que representa a extrema dereita para a maioría de nós.

Pero o problema que ten a caverna españolista é que as mulleres traballadoras e mozas non nos deixamos esmagar tan facilmente.

A xustiza patriarcal e a dereita franquista en guerra contra as mulleres

Pode parecer contraditorio que en pleno 2023, despois de anos nos que a conciencia feminista avanzou de forma moi considerable, a extrema dereita e o aparato do Estado continúen reivindicando a opresión da muller e a negación da violencia machista como a súa principal bandeira. Pero isto non é máis que o reflexo inevitable da polarización política que percorre o mundo, da descomposición do capitalismo e do ADN franquista que supura por todos os poros dunhas formacións que levan o machismo tatuado na pel.

Para os Rubiales, Abascales ou Florentinos Pérez, para os empresarios acosadores e banqueiros engominados, terratenentes que seguen crendo ser os donos das mulleres migrantes, para quen manda nas altas esferas das institucións deste sistema, o que as mulleres fixemos nestes últimos anos é imperdoable. Que un dos sectores máis golpeados da sociedade se poña á cabeza cunha determinación maiúscula, que declare a guerra ó modelo de familia tradicional, ó rol que o capitalismo asigna ás mulleres, a décadas de moral podre da Igrexa Católica e que colocásemos a loita colectiva como único camiño para conseguir a nosa liberdade… é algo que lles provoca arrepíos.

Non o poden soportar, por iso nos declararon a guerra. Ben, aquí os esperamos.

Feministas revolucionarias co pobo palestino

A ninguén se lle escapa que as manifestacións deste 25 de novembro, día contra a violencia machista, celébraranse nun contexto internacional dramático. O xenocidio sionista contra o pobo palestino, que xa suma case 13.000 mortos, a metade nenas e nenos, está a causar unha gran indignación e conmoción. Non hai palabras para describir a dor e rabia que sentimos ante o asasinato de milleiros de inocentes polo Estado fanático e fascista de Israel, e ante o apoio que EEUU e os Gobernos europeos están a brindarlle ó asasino de Netanyahu.

Os imperialistas e capitalistas están desmotrando de novo que os seus intereses económicos, militares e xeoestratégicos están por enriba da vida de millóns de persoas. O que non se esperaban estes ladróns con gravata que copan as altas esferas das institucións internacionais, a quen só lles importan os seus negocios, é o movemento de solidariedade que se levantou en todo o mundo, mobilizacións de masas onde as mulleres estamos á fronte.

Aquí non hai neutralidade posible. Ou se condena o xenocidio en Gaza ou se é cómplice do masacre sionista. O feminismo internacionalista, anticapitalista e revolucionario, o das mulleres traballadoras, que defendemos desde Libres e Combativas, levantaremos a bandeira morada e palestina este 25N e converteremos esta xornada nun día de solidariedade co pobo palestino, coas súas mulleres, homes, nenas e nenos, e contra o fascismo do PP e Vox e os seus aliados internacionais.

O capitalismo é guerra, é barbarie, é violencia machista e cultura da violación. Queremos acabar para sempre con este sistema enfermo, queremos xustiza. E non imos parar ata conseguila. Transformemos a nosa rabia en loita e organización consciente. Participa con Libres e Combativas nas manifestacións do 25N!

GALIZA

A Coruña: 19h Obelisco

Compostela: 20h Praza 8 do Marzo

Ferrol: 19h Praza do Himno

Ourense: 19:30h Sudelegación

Pontevedra: 12h Praza de Ourense

Vigo: 20h Vía Norte/Urzaiz

Volver

IR

SE

ERL logo banner

portada mujeres revolucion rgb

  Adquiere aquí esta publicación 

 

 

banner ERL web2