Seguen a matarnos!

Coas masivas mobilizacións do 8M aínda frescas na memoria, as últimas horas volveron a poñer sobre a mesa que seguen a matarnos e aquí non pasa nada!

 

Onte pola tarde, unha moza traballadora de 25 anos da localidade de Palmeira, en Ribeira, Coruña, era asasinada pola súa ex-parella. Desde Libres e Combativas queremos mandar todo o noso apoio, solidariedade e afecto á familia, amigos e amigas de Andrea. Estamos convosco.

Esta mañá as súas compañeiras de traballo na conserveira, do seu antigo centro de estudos e outros do seu entorno, amosaban a súa dor e rexeitamento ante este novo crime machista. Veciños e veciñas conmocionadas por este novo golpe, dor e indignación.

Desde o 1 de xaneiro xa son 7 mulleres asasinadas, 8 menores orfos, entre os que está o fillo de Andrea, e 4 menores asasinados. É insoportable ... e aquí non pasa nada!

A presión social contra a violencia machista é tan forte que no día de hoxe ata o PP, neste caso con Alfonso Rueda á cabeza, que goberna cos negacionistas da violencia de xénero e fascistas de Vox en comunidades e concellos, de forma cínica tivo que saír a condenar o asasinato. Mañá seguirán recortando o orzamento contra a violencia machista e chegando a acordos infames coa extrema dereita que alenta as nosas agresións; non nos enganan.

Pola súa banda o delegado de Goberno en Galicia, o socialista Pedro Blanco, apurábase a dicir que “non había denuncias previas da vítima”, que as que había doutra ex-parella “estaban caducadas polo paso do tempo” e que a vítima “non estaba dentro do sistema Viogén, de protección ás vítimas”.

É vergoñento ver que tras cada asasinato machista a resposta desde as institucións e o Goberno “máis progresista e máis feminista da historia”, é a mesma: bágoas de crocodilo e declaracións sobre se había, ou non, denuncias previas, porque se non as había, como se dixo nun primeiro momento neste caso (agora sóubose que si había denuncias previas dunha ex-parella do asasino, e condena de traballos á comunidade), o que se nos dá a entender é que non se puido facer nada máis, é dicir, que a culpa, como sempre, é da vítima por non facer isto ou aquilo. Non o aceptamos!

Aqueles que cada 8 de marzo saímos a encher as rúas, que día a día nos enfrontamos a esta lacra social nos nosos postos de traballo, nos nosos centros de estudo, nas nosas familias, e sabemos que isto non é un caso illado, senón que forma parte da esencia mesma do sistema capitalista no que vivimos, que haxa, ou non, denuncias previas dános igual. A responsabilidade do asasinato nunca, xamais, é das vítimas, senón dos seus asasinos e de aqueles que con discursos negacionistas os amparan, que desde o aparello xudicial ditan sentenzas infames, que procuran impunidade aos nosos maltratadores, violadores e asasinos.

O domingo dúas nenas pequenas foron asasinadas polo seu pai en Almería. Había denuncias previas, había condena, había unha orde de afastamento, había unha pulseira de seguimento, a nai estaba dentro do sistema Viogén. E foi un xulgado o que, a pesar de todo isto, permitiu e avalou as visitas do maltratador ás súas fillas. Xa abonda de tomarnos por parvas! Esta xustiza ampara a violencia que sufrimos.

Hoxe mesmo coñecemos que Dani Alves, violador condenado e futbolista multimillonario, sairá do cárcere pagando un millón de euros. Esta é a xustiza na que nos din que confiemos? Nin de broma. A única resposta posible é a da organización e a loita. Desde Libres e Combativas sumámonos ás concentracións que terán lugar mañá xoves 21 de marzo ás 20h en multitude de cidades galegas. Porque somos o berro das que xa non están e porque a loita é o único camiño.

Xa abonda de violencia machista e xustiza patriarcal!

A Coruña, 20h Obelisco

A Guarda, 20:15h Praza Avelino Vicente

A Gudiña, 12:30h ao lado do Concello

As Pontes, 20:30h  Praza do Hospital

Betanzos, 20:30h  Palco da Música

Carnota, 19h Praza da Pedra

Catoira, 20:30h alameda do Concello

Celanova, 20h Praza Maior

Chantada, 20h Praza do Cantón

Compostela, 20:30h Praza 8M

Ferrol, 19h Praza de Armas

Lalín, 20:30 h, Kmo

Moaña, 20h Praza do Concello

Noia, 20 h diante do Concello

O Porriño, 20h diante do Concello

O Rosal, 20h Praza do Calvario

Ourense, 20h. Castañeira

 Padrón, 20:30 h enfronte do Concello

Pontedeume, 19:45 Praza do Concello

Pontevedra, 19:30h Praza da Peregrina

Ribadavia, 20h Praza Maior

Ribadeo, 20h Praza 8M

Val Miñor, 19:30h Cruce da Ramallosa

Vigo, 20:30 h MARCO

***

¡Nos siguen matando!

Con las  masivas movilizaciones del 8M  aún frescas en la memoria, las últimas horas han vuelto a poner sobre la mesa que ¡Nos siguen matando y aquí no pasa nada!

Ayer por la tarde, una joven trabajadora  de 25 años de la localidad de Palmeira, en Ribeira, Coruña, era asesinada por su ex pareja. Desde Libres y Combativas queremos mandar todo nuestro apoyo, solidaridad y afecto a la familia, amigos y amigas de Andrea. Estamos con vosotras.

Esta mañana sus compañeras de trabajo en la conservera, del centro de estudios donde estudió y otros de alrededor, mostraban su dolor y rechazo ante este nuevo crimen machista. Vecinos y vecinas conmocionadas por este nuevo golpe, dolor e indignación.  Desde el 1 de enero ya son 7 mujeres asesinadas , 8 menores huérfanos, entre los que está el hijo de Andrea, y 4 menores asesinados. Es insoportable ..  ¡y aquí no pasa nada!

La presión social contra la violencia machista es tan fuerte, que en el día de hoy hasta el PP , en este caso con Alfonso Rueda a la cabeza, que gobierna con los negacionistas de Vox en comunidades y ayuntamientos, han tenido que salir a  condenar el asesinato. Mañana seguirán recortando el presupuesto contra la violencia machista y llegando a acuerdos infames con la extrema derecha que alienta nuestras agresiones, no nos engañan.  Por su parte el delegado de gobierno en Galicia, el socialista Pedro Blanco, se apuraba a decir que “no había denuncias previas de la víctima” que las que había de otra ex pareja “estaban caducadas por el paso del tiempo” y que la víctima “no estaba dentro del sistema Viogén”, de protección a las víctimas”.

Es vergonzoso ver como siempre que ocurre un asesinato machista la respuesta desde las instituciones y el gobierno  “más progresista  y  más feminista de la historia”, es la misma,  lágrimas de cocodrilo y declaraciones sobre  si había o no había denuncias previas, porque si no las había, como en este caso se dijo en un primer momento (ahora se ha sabido que sí había denuncias previas, y condena de trabajos a la comunidad,  de una ex pareja del asesino) lo que se nos da a entender es que no se pudo hacer nada más, es decir, que la culpa, como siempre, es de la víctima por no haber hecho esto o aquello. ¡No lo aceptamos!

A quienes cada 8 de marzo salimos a llenar las calles, a quienes día a día nos enfrentamos a esta lacra social en nuestros puestos de trabajo, nuestros centros de estudio, nuestras familias, y sabemos que esto no es un caso aislado sino que forma parte de la esencia misma del sistema capitalista en el que vivimos,  el que haya o no haya denuncias previas, que las había,  nos da igual , porque la responsabilidad del asesinato nunca , jamás es de las  víctimas, es de sus asesinos y de quienes les amparan y envalentonan con discursos negacionistas, quienes desde  el aparato judicial dictan sentencias infames , de quienes procuran impunidad a nuestros maltratadores, violadores y asesinos.

El domingo dos niñas pequeñas fueron asesinadas por su padre en Almería. Había denuncias previas, había condena, había una orden de alejamiento, había una pulsera de seguimiento, la madre estaba dentro del sistema Viogén. Y fue un juzgado el que , a pesar de todo esto, permitió y avaló las visitas del maltratador con sus hijas. ¡Basta ya de tomarnos por tontas!, esta justicia ampara la violencia que sufrimos. Hoy mismo hemos conocido que el violador condenado y multimillonario futbolista Dani Álves , saldrá de la cárcel pagando un millón de euros. ¿Esta es la justicia en la que nos dicen que confiemos? Ni hablar. La única respuesta posible es la de la organización y la lucha. Desde Libres y Combativas nos sumamos a las concentraciones que tendrán lugar mañana a las 20h en multitud de ciudades gallegas. Porque somos el grito de las que ya no están  y porque la lucha es el único camino

¡Basta ya de violencia machista y justicia patriarcal!

A Coruña, 20h Obelisco

A Guarda, 20:15h Praza Avelino Vicente

As Pontes, 20:30 Praza do Hospital

Betanzos, 20:30 Palco da Música

Carnota, 19h Praza da Pedra

Celanova, 20h Praza Maior

Chantada , 20h Praza do Cantón

Compostela, 20:30h Praza 8M

Ferrol, 19h Praza de Armas

Moaña, 20h Praza do Concello

O Porriño, 20h diante do Concello

O Rosal, 20h Praza do Calvario

Ourense, 20h. Castañeira

Pontedeume, 19:45 Praza do Concello

Pontevedra, 19:30h Praza da Peregrina

Ribadavia, 20h Praza Maior

Ribadeo, 20h Praza 8M

Val Miñor, 19:30h Cruce da Ramallosa

Vigo, 20:30 h  MARCO

Volver

IR

SE

ERL logo banner

portada mujeres revolucion rgb

  Adquiere aquí esta publicación 

 

 

banner ERL web2